Mellorar a competitividade e a capacidade de innovación das pemes do sector marítimo do Espazo Atlántico

O proxecto Stamar enmárcase na prioridade 1 do Programa Operativo Espazo Atlántico, "Promover redes transnacionais, empresariais e de innovación", e, máis concretamente, no obxectivo 1 da devandita prioridade, "Desenvolvemento de transferencias de coñecemento entre empresas e centros de investigación". Stamar nace como respuesta á necesidade de perfilar nas rexións do Espazo Atlántico un sistema de transnferencia que funcione con eficacia e eficiencia e que conduza a uns resultados satisfactorios tendo en conta as particularidades das pemes que operan en mercados locais.

  • Experiencia piloto de transferencia en cada unha das rexións participantes
  • Fomentar o achegamento dos centros de investigación ás pemes do marítimo
  • Deseñar-desenvolver unha estratexia conxunta para facilitar o acceso das TIC ao mercado e facilitar procesos de transferencia
  • Ser espazo de referencia para levar a cabo as actividades demostradoras de solucións tecnolóxicas útiles para o devandito sector
  • Impulsar-promover a transferencia de solucións tecnolóxicas que contribúan á conservación do medio
  • Ampliar a carteira de solucións tecnolóxicas para as PEMES

Tecnoloxía Marítima

Cooperación Transnacional: Galicia, Portugal, Francia, Reino Unido e Irlanda

Transnacional

Identificar carteiras tecnolóxicas e desenvolver demostracións de solucións tecnolóxicas

Transferencia

Búscase a creación das redes de entidades que cooperen na consecución de obxectivos

Co-creation

Acercar a tecnoloxía e impulsar a transferencia tecnolóxica e o acercamento a centros

O proxecto estructúrase en 3 bloques de actuacións:

Vixilancia e Mellores Tecnoloxías Dispoñibles

Centro transnacional

Procesos de trasnferencia

Actividades