Procesos de transferencia

Os procesos de transferencia confórmanse, ao mesmo tempo, por tres tipos de actividades:

  • Apoio e asesoramento para a posta en marcha de proxectos piloto de transferencia nas pemes do sector marítimo
  • Deseño dunha estratexia conxunta de acercamento das tecnoloxías ás pemes do sector marítimo das rexións participantes a través do desenvolvemento dunha estratexia“tecnology push” que abarcará desde a selección da tecnoloxía e a valorización desta ata a selección do vehículo de transferencia máis apropiado e o acompañamento no proceso
  • Co-Creation mediante a organización de xornadas de traballo conxunto entre pemes e centros tecnolóxicos para favorecer dinámicas de traballo que faciliten a incorporación das necesidades do mercado aos procesos de investigación.