O partenariado do proxecto STAMAR está formado por nove entidades de 5 países do Espazo Atlántico: España, Portugal, Reino Unido, Irlanda e Francia.
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Entidade pública que ten como obxectivo a definición, o desenvolvemento e a execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia no ámbito das tecnoloxías da información, a comunicación e a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.
Tipperary County Council
Tras a reforma rexional en Irlanda, é a autoridade gobernamental de todo o condado de Tipperary.
Marine Institute de Irlanda
É a agencia nacional irlandesa responsable de Investigación Marina, Desenvolvemento Tecnolóxico e Innovación.
Instituto de Engenharia de Sistemas e Computadores do Porto
Entidade privada sen ánimo de lucro cuxa actividade abarca a investigación científica, o desenvolvemento tecnolóxico, a transferencia de tecnoloxías e o lanzamento de novas empresas de base tecnolóxica.
Technopôle Brest Iroise
Entidade sen ánimo de lucro que reúne unha rede de 200 entidades polo desenvolvemento económico rexional a través da innovación.
Universidade do Porto
Universidade do Algarve
A través da súa División de Emprendemento e Transferencia de Tecnoloxía, créase para facilitar la Transferencia de Tecnología y la creación de una cultura emprendedora en la Universidad.
University of Strathclyde In Glasgow
A devandita universidade participará no proxecto a través do seu departamento de arquitectura naval e enxeñería mariña.
Axencia Galega de innovación (GAIN)
É unha entidade pública rexional responsable de apoiar as empresas galegas para ser máis competitivas e impulsar o seu crecemento sobre bases sólidas e sostibles no tempo, a través da innovación e dun espírito empresarial creativo.









