Undefined

O vindeiro mércores 16 de setembro o Centro Demostrador TIC de Galicia (Rúa de Airas Nunes, Santiago de Compostela) acollerá a xornada de clausura do proxecto STAMAR.

Este evento contará coa intervención do profesor Juan Freire, experto en TIC e en recursos mariños, socio fundador de TeamLabs. Na súa intervención explicará as diferentes oportunidades de negocio e innovación que ofrece o sector mariño.

Pola súa parte, a Sudirectora Xeral de Innovación Tencnolóxica da Consellería de Medio Rural e Mar, Beatriz Ferro, exporá as diferentes liñas de financiamento público para a I D i en Tecnoloxías Mariñas. Igualmente, presentaranse tanto os resultados obtidos no proxecto STAMAR como o catálogo de tecnoloxías dispoñibles.

Agardamos a vosa asistencia!

Descargas: programa

Compartir:


Related Posts