O xoves 3 de setembro, o Centro Demostrador TIC (CDTIC) de Galicia acollerá unha xornada de co-creación do proxecto STAMAR co obxectivo de promover o diálogo entre centros tecnolóxicos e pemes relacionadas cos sectores de transporte marítimo e náutica, e así impulsar novas ideas e solucións ás necesidades tecnolóxicas existentes nos devanditos sectores.

Trátase da primeira xornada de co-creación, dirixida ao sector transporte marítimo e náutico que se desenvolve no marco do proxecto europeo STAMAR liderado pola Xunta, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa participación como socio da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e de 7 entidades de referencia no eido da transferencia tecnolóxica, a innovación e a economía marítima de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal.

Este encontro, que se desenvolverá de 9.30 a 14.00 horas, permitirá que as empresas galegas e centros de investigación coñezan de primeira man a oferta tecnolóxica existente co fin de axudarlles a mellorar a súa competitividade.

Os interesados poden inscribirse no teléfono 981 552 059 ou a través do correo electrónico stamar-xornadas@xunta.es.

File: PDF icon programaStamarProject030915.pdf
Compartir: